Libros G-31150 Inicio Persoal

 

PO.E-M@RIO.XMSMS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

         Intro:

 

         Tras moitas dúbidas decidin transcribir e e-publicar os fragmentos que a vida me foi facendo deixar no camiño... vou omiti-las datas e a orde cronolóxica.

 

         Gardo os orixinais porque existen certas coincidencias con letras de grupos publicadas con posterioridade... sen ánimo de acusar a ninguen de plaxio.

 

         Alguns dos textos non teñen título, outros titúlanse como a canción na melodia da cal me inspirei ainda que o fragmento non teña nenguha relación coa  canción outros teñen titulos xeroglificos que só significan algo para min.

 

 

 

 

 

 

 

 

A METADE DO INFINITO

 

 

 

... E querereite cando os meus ollos

 

tropecen contigo nun recanto calquera.

 

Querereite cando caia sobre o meu corpo

 

o orballo do teu ollar dende a outra aceira.

 

Querereite ó dicires o teu nome

 

e denantes de que empece a carreira.

 

Querereite paseando no solpor

 

polo medio da carballeira.

 

Querereite cando tropeces e caias

 

e a túa man pedindo axuda extendas.

 

Querereite vaias donde vaias

 

e veñas de donde veñas.

 

Querereite cando vexas que non son o home

 

que buscabas para encher a existencia.

 

Querereite cando cruces para non verme

 

e cando non me vexas nas escaleiras.

 

Querereite antes de cada verba

 

e por riba da bágoa derradeira.

 

Querereite cando me deixes...

 

 

 

 

 

A FONTE DO DESERTO

 

 

 

Coma unha canción e coma

 

un desexo eres. Coma quen toma

 

un lóstrego de aire fresco

 

nunha fraga te vexo. Rompendo

 

o cristal monotono da hora,

 

bebendo da túa fonte sonora,

 

chego a sentirme vivo no deserto

 

e libre da cadea desta folla;

 

que non chega para pintar o teu reflexo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BRANCO E NEGRO

 

 

 

Por moi bonito que fora

 

o pasado , agora,

 

non ten cor.

 

¿ten cor ó mediodia a aurora?

 

neste presente-pasado

 

só o futuro merece ser pintado

 

podes vivir lembrando as cores dunha flor

 

pero, o final, só terás dor.

 

 

 

 

 

+ PALABRAS

 

 

E din que poden saber o que van facer os fillos

 

antes que os paira a nai;

 

tal vez, se a nai natureza llo houbesen contado

 

nen Adan nen a Eva fai.

 

E din que a terra e menor ca un brilo

 

na escuridade estelar.

 

¿cómo nos vería (coma nos teñen contado)

 

quen mandou ó sol brilar?

 

falar buscando a verdade

 

é non parar de falar...

 

enchendo de verbas o aire

 

sen nunca a ela chegar.

 

 

 

 

 

 

VERA

 

 

En un claro de luna

he creido ver.

A un ser perfecto, a un angel;

no lo sé...,no lo sé.

 

Pasea por el bosque

con naturalidad.

Poseso le sigo

todo me da igual,

me da igual

 

¡idea! ,¡idea!

¿por qué nadie te escuchó?

¿por qué si te toco

te rompes en dos?

 

Esperanza , esperanza

rayo de luz fugaz

que pasa entre las nubes,

se refleja y se va.

 

Solo un rayo de luna

me ha hecho imaginar

que el mundo que deseo

puede ser real...

que es real.

 

Se oculta en las hojas muertas

que vuelven a brotar;

y pronto un bosque nuevo

crecerá.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gustaríame facer un corte

 

profundo no espello de cores

 

para tocarte;

 

para que logo pasases

 

e me ensinases o camiño que percorres.

 

Un corte profundo no cristal esmerilado

 

para que veñas a dicirme

 

o que pensas cando estas tan só.

 

Para que veñas a mentirme,

 

e a falarme de ser bó...

 

Para falar do que non sabemos

 

e calar o que dicimos

 

aproveitando o ruido

 

do cristal que non rompemos.

 

Para sentir o sangue fervendo

 

sen un lume que quente.

 

Pois, si o corazón minte sempre

 

o tempo vaise perdendo

 

e a verdade non o vai recuperar.

 

 

 

 

 

 

 

A MEDIAS CON NINGUEN

 

 

 

 

 

 

 

Saio a pasear coa media lua;

 

buscando á media laranxa,

 

sonando con marchar lonxe,

 

sen reloxio e sen guia.

 

Escrevo nun papel transparente

 

E visto roupa sen prancha;

 

son a sombra que non vé á xente.

 

Son o suicida deitado na via

 

do tren que non pasa. E na grúa

 

axudo a construir a torre

 

de Babel para que non se entenda

 

ninguén con ninguén.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INCUBACION.

 

 

Camiño ó borde dun abismo,

 

pola sombra do borde dun tellado;

 

alá ó fondo ruxe o mar

 

co seu sempre e o seu nunca...

 

Duas verbas que me deixan calado

 

pensando se seguir ou tirarme eiqui mesmo.

 

as ondas fan escuma ó bater nas pedras

 

e o seu ruxir sae dos bafles de calquer bar

 

as gaivotas buscan peixes mortos

 

e acabo coa escuma da cervexa-mar.

 

Vivo buscando as miradas alleas

 

e enfadandome co ruido das motos

 

escondendo a miña sombra tras calquer balado

 

para que algunha verba a asesine

 

e poder escomenzar de novo

 

 

 

 

 

 

 

 

THE TREES THEY DO GROW HIGH

 

 

 

 

 

Son as palabras

 

só un espello,

 

pero ti o podes

 

deformar...

 

Son coma nubes,

 

mais fan de balas,

 

para que podas

 

matar...

 

Porque, si acertan na memoria,

 

non se esquecen mais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E chegou a derradeira

carta de amor.

 

Apagouse o lume na fogueira,

perdeu a lúa o seu esplendor,

pasou o teu enterro á miña beira,

pararon as agullas do reloxio,

correron cara atrás coa memoria...

caeron festas, caeron feiras...

No tempo te busquei en vano...

non atopei nen sombra nen flor.

 

Cada vida é un rio

e ten un mar e unha terra,

ceo , xente e estrelas...

E ten un xeito de correr,

unha cor, unha canción...

 

Perderte non foi o que mais importou

a falla de valor foi suficiente,

o desprezo o peor.

 

Non te culpo nen me disculpo,

non pido chorando perdon,

non teño medo a vivir só no mundo,

nen a morrer no paredón.

Pero, si sinto que rematara

asi coma rematou

 

Chegou a derradeira

carta de amor.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VÉXOME FUXIR CADA DÍA

 

DO AROMA DO TEU DESPREZO

 

E DOS LUMES DO TEU DESDEN,

 

PERCIBINDO DOS TEUS XESTOS O DESAIRE.

 

 

CADA DÍA QUERO PEDIRLLE A DEUS

 

NON AMARTE, PERO LLE PIDO QUE ME AMES.

 

 

UN DÍA NON PUIDEN FUXIR...

 

BATIN CONTRA OS CANTÍS DA TÚA INDIFERECIA

 

E DESFÍXENME EN ESCUMA DE DESESPERACIÓN

 

SÉNTOME O SER MAIS RUIN

 

SOBOR DA TERRA, NON PODO CONFIAR NIN NA PACIENCIA,

 

NON QUERO NIN ESPERANZA. QUE PEOR QUE DO AMOR A MALDICIÓN?

 

 

 

 

 

 

 
 
COLORS

 

 

 

A porta esta aberta,

a habitación valeira,

a cama tan fria coma...

 

Ti non estás.

¿estiveche?, ¿estarás?.

 

O vento ruxe na fraga,

o silencio no meu redor,

o ceo limpo é coma...

 

¿Onde estarás?

¿marchache?, ¿voltarás?

 

A auga corre,

vai batendo nas penas

e fai un ruido que é coma...

 

¿qué farás?

¿riches?, ¿rirás?

 

Chove nas rúas

e no meu corazón.

Aquel paraugas e coma...

 

Xa non podo lembrar

porque sempre estas

todo é coma ti

todo te leva.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

... ó gran sol

 

ó mar , ó mar...

 

A experiencia:

 

O sufrimento, o traballo

 

¡ A verdade! , a verdade.

 

Saber porqué e para qué,

 

Comprender.

 

Ás abellas e ás formigas.

 

A suor que refresca a fronte,

 

O pipo no solpor,

 

As gaivotas no peirao,

 

A mar no gran sol.

 

 

 

 

 

 

 

Mirame ós ollos,

 

para saber o que penso.

 

Debuxa o teu sorriso

 

e sacude o pelo

 

coma si eu fose espello.

 

Comparte o pan comigo

 

e compartirei o que teño.

 

E non mires atrás...

 

¿estas lista para

 

seres medio corazón?

 

¿estas lista para...

 

todo?.

 

Detrás de cada ollada

 

hai un sentimento

 

limpo coma un neno

 

e grande coma o ceo

 

¿de que te ris agora?

 

Creo falar en serio

 

¿estas lista?

 

¿queres ser

 

o meu medio corazón?

 

 

 

 

 

DIME

 

 

Como vivir sin aire,

Como ver sin luz,

Como sentir sin piel,

¿bajo que cielo me cobijo?

Sin ver tus ojos otra vez....

 

(dime)

 

De un mar sin olas,

De una playa sin arena,

Dime de un sol sin calor,

De un avión que no vuela.

 

Cuantas veces te lo dije,

Cuantas veces te esperé,

Cual es el número más alto,

Cuantas veces te busqué.

 

(dime)

 

El color de lo invisible

Y todo el tiempo que pasó.

Dime riendo que dios existe,

Diré llorando “existo yo”...

 

(dime)

 

Las lágrimas derramadas,

El sufrimiento y dolor,

Las manos que se estrechaban,

Cuantas palabras de amor.

 

Roto está el cristal

Donde escribí tu nombre.

Y las promesas rotas

Se queman en la lumbre.

 

Nada quema más lento

Nada con tanto dolor

Preferiría estar muerto

A perder así tu amor.

 

 

 

 

Maio 91

De pronto...

Todos vimos o final da recta,

o cruce de camiños,

no alto da costa.

Sin sentilo...

Sentimos que todo remata,

e que a cada vela lle chega o ventiño

para leva-la á sua terra.

Nun timbre...

Nos decatamos da porta aberta

e botamos a andar sen xira-la testa.

 

 

 

 

 

DISPARO DE NEVE, QUE HOXALÁ

 

NON ACERTARAS NA MIÑA

 

INCANSABEL MEMORIA;

 

SEI QUE, COMO SILVIO,

 

PROMETIN NON REPETIR O ESTRIBILLO

 

DA “ERA PARINDO”

 

PERO, QUIXERA DICIRTE

 

QUE ESTE TROZO DE DESERTO

 

SEGUE RESISTINDO NO MEDIO DO MAR.

 

 

 

 

 

 

Tempestade de bicos na noite

risas de onte...

choros de hoxe...

selva verde que me ollas...

neve.

¿será este o sono da vida?

si o é, que non chegue a morte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Quixente,

 

E non souben quererte;

 

Nin porque nin para que.

 

Tivente,

 

E non souben reterte

 

E cando estabamos xuntos...(parecia non quererte)

 

Perdinte,

 

Tal vez porque non souben que

 

Querendote che roubaba minutos.

 

E o peor de este non-verte

 

É verte en calquer parte

 

Queréndote ou finxindo que non.

 

Esa xaula dourada que brila

 

No lixo da miña existencia.

 

Esa escuma que rompe

 

A monotonía do mar.

 

O que enche...

 

O que valeira...

 

¿Por qué xurdes agora ,fénix,

 

no medio da miña existencia?

 

 

 

 

Let it grow

Las nubes en el cielo, las ocho en la pared

deambular sin saber porque.

Viviendo del recuerdo,

como una maldición,

cuando despiertes

el presente ya paso...

y lloró y lloró,

como se llora por amor,

ni una lágrima quedó,

ni un recuerdo...

Todo en lágrimas se ahogó.

Otro día acaba

¿cuantos aguantaré

sin pensar en el futuro que no he vivido?

En el rio que no bajaba

asustado desperté

sabiendo que fué dios quien me escupió.

 

 

  Casa de burjas

 

En la casa de las brujas

Buscaré todos mis sueños

Entre duendes y enanos

Romperé todos mis miedos

 

 

En el suelo hay un dibujo

En el aire olor a muerto

Las bebidas y los naipes

Entre risas de angel negro.

 

 

Una bruja con su escoba

Por el aire me hace volar

Veo monstros horripilantes

Entre gritos del más allá

 

 

Pido el deseo que me conceden

Bailo las danzas de satán

Me coronan rey de los muertos

Y declaro la oscuridad

 

 

Cuando abre el nuevo dia

No hay nadie a mi alrededor

En el suelo la jeringuilla

Las botellas en el rincón

 

 

Busco a tropezones la salida

Me hiere los ojos la luz del sol

Cuando por fin dejo la casa

Se oyen risas en el salón.

 

 

 

 

 

 

A mellor resposta é o silenzo

¿e logo?. Non, será mellor non falar ren;

deixa-las penas gastarse no río,

ata que son area e van ó mar

en capas coma de cebola...

 

Ás veces quedo nos zapatos.

Pero, é mellor iso que facer o de todos tódolos días

os bares, os porros, as mulleres...

Falarlle ás paredes,

polo menos non poñen mala cara cando lles queres.

 

Porque agora ata te din como debes romper con todo

“si quieres se un macho dale al porro”

e se queres protestar

tírate de cabeza ó mar.

 

E os que loitan fanno coma os gladiadores:

Destrózanse entre eles diante dos emperadores.

Mais o río do tempo está da nosa banda;

só debemos coidar das cebolas da historia e agardar,

para que non as apodrezan ou destruan,

e cando chegue o momento da fame darémosllas á xente

que ,o lelas, botará a chorar.

 

Matar

Todos falan de matar

matan a ETA e o GAL

E vai ¿subindo ou baixando?

coma unha espiral

de xente morta e matando...

 

A parede segue ahí; pálida, dura e alta

cas manchas vermellas dos derradeiros mortos

Un traballador borracho sostendo o IPC e un xordo

berrando pola liberdade que o cego non ve e a falta

de xustiza que o pobre non sinte...

 

Xordos que non se escoitan a si mesmos,

que berran cos outros xordos

Xordos que non teñen “sonotone”

 

Duro debe ser para unha nai, xa triste

polo mal que vive, ver ós fillos berrar sen escoitar

velos loitar entre eles e non contra os que fan mal;

mentras, cada dia que pasa, a esperanza morre

e unha pedra nun camiño di, silenciosa,

a única mensaxe de liberdade:

“ESPERADE”.

 

 

 

 

 

 

 

 

Te vi con los ojos de la desesperación,

Te acaricié con las manos del deseo,

Mis labios buscaron tu sabor de alcohol,

Refugié todos mis sueños entre tu pelo,

Y fuiste desapareciendo hasta quedarte en nada,

Pero, seguiste siendo en mi.

 

 

Beso a beso me devoraba la ansiedad,

Cada beso quería otro y más...

Y te fui comiendo hasta dejarte en nada;

Pero, seguiste siendo en mi.

 

 

Con mis uñas desgastadas te arranque el velo,

Los zapatos, los guantes , el sombrero...

Camino del dormitorio todo quedó en el suelo.

Y debajo de la ropa te quedaste en nada

Pero, seguiste siendo en mi.

 

 

Igual hice con tu prima y tu hermana

Y toda tu familia. Todas iguales a ti,

Todas se quedaban en nada

Para seguir siendo en mi.

 

 

Y cuando la noche se mueve

Te siento dentro moviendote

Con ellas. El suelo tambien se mueve,

El mundo se tambalea. Te siento gritar,

Correr, cantar...A la mañana mi espiritu vuelve...

 

 

Estas aquí , a mi lado, en el suelo

Con todas ellas...

 

 

Quise emprender el vuelo

Pero no salí de aquí.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

¿Qué significan los deseos?

¿Dónde está la libertad?

Las sombras me llevan al infierno

Acabo de despertar...

 

 

 

Alguien espera detrás de la última puerta

Loco porque le llamen

Para poder explicar.

Una cruz en un muro, una grieta abierta

Un secreto escondido

Algo que no puedes mirar

 

 

 

¿Son los sueños sólo sueños?

¿Son tambien vida real?

El mundo oscuro rodea a sus dueños

Cada mañana al despertar.

 

 

Dempois

Cando o tormento diario cesa
Chegas ti coa calma
cos teus xestos, coa tua beleza
na fondura do pozo da alma
ese ollar alumea na miña cabeza
arrincandome a paz pasada...

Inicio